Pérez, Lois

A gruta da torre / Lois Pérez - 1ª ed. - Vigo : Xerais , 2022 - 189 p. : il. cor ; 23 cm

V Premio Agustín Fernández Paz pola Igualdade.

Rematado o curso, Lois viaxa coa súa familia a pasar outro verán en Ribadeo. Quique, Greta e o resto da cuadrilla agardan por el, e ese ano hai tamén unha nena nova. Non a coñece, mais morre por falar con ela... Na vella biblioteca da Torre dos Moreno, Quique encontra un libro e, no interior, un misterioso documento que fala dun pasadizo. Onde estará? Deciden que teñen que atopalo. A investigación vese sacudida pola aparición dunha foca, Cuquita, e tamén por uns estraños sucesos no faro da Illa Pancha. Quen os persegue? Por que un home lles amosou unha pistola? Quirina e Estrela tamén procuran a resposta. Namentres, Marquiños escoitou a voz de seu pai no mar... Unha aventura trepidante, atravesada pola forza da amizade, os primeiros amores e o valor dos libros, no Ribadeo de 1990.

5º-6º Primaria 1º-2º ESO

9788411101486


Aventuras
Misterio
Amizade


Ribadeo

82-N 869.9

Powered by Koha