Monteagudo Romero, Henrique (1959-)

O idioma galego baixo o franquismo : da resistencia á normalización / Henrique Monteagudo. - 1ª ed. - Vigo : Galaxia, 2021 - 744 p. ; 21 cm. - Manuais (Galaxia) .

Esta obra, continuación da Historia social da lingua galega, ofrece unha aproximación de conxunto ao período franquista. Nela analízase a política lingüística represiva da ditadura, consistente na imposición coactiva do castelán e na marxinación sistemática do galego, e aténdese ás dinámicas sociais que abocaron a un proceso de substitución masiva do galego. O seu foco sitúase na resistencia político-cultural galeguista, nomeadamente, na súa estratexia dirixida a constituír un sistema cultural autónomo, co idioma como o seu elemento definidor. Analízanse os avances conseguidos no estudo, cultivo e elaboración do galego e os debates públicos que se desenvolveron ao redor de todas estas cuestións.

9788491517719


Historia Da Lingua Galega


Sociolingüística
Normalización lingüística
Franquismo
Resistencia galeguista ao franquismo

811.134.4-92

Coa tecnoloxía Koha