Fortes, Antón

Fume / Antón Fortes - 1ª - Pontevedra :OQO ,2008 - [32] p. :principalmente il. ;30cm - Qontextos .

Mención WHITE RAVEN (Internationale Jugend Bibliotek de Munich) entre os álbums máis fermosos do mundo 2009

Relato dun neno que vive nun campo de concentración

«Soño cun dragón verde de lingua negra que me quere papar. As casas tamén son verdes, como a herba do noso xardín con bambán, onde antes xogabamos ao balón papá e mais eu. Bótoo moito de menos. Mamá dime que pronto nos imos reunir».
Tanto como os campos de concentración —co que implican de fame, frío, enfermidade, violencia e morte—, interesa aquí un deses universos persoais e familiares que o nazismo destruíu, para deixar no seu lugar, silencio e un mundo máis gris.

A separación, a soidade e a saudade son omnipresentes. Pero os recordos axudan a fuxir do illamento e o desarraigo, e dan paso —no inhóspito do campo (lager)— ao amor, á amizade e á solidariedade.

Se toda violencia resulta inxustificable, aquela que aniquila a inocencia aínda máis. Para loitar contra ela, o protagonista asume un compromiso con Vadío (único personaxe con nome e etnia), co que iso implica de recoñecemento no «outro» e de catarse persoal.

O protagonista anónimo de Fume descobre unha realidade, pero o pasado foi mellor e perdura na memoria. O espertar magóao e ten que adaptarse á unhas condicións moi duras; o instinto de supervivencia dille que ten que ser un neno responsable.

Os inocentes non sobreviven, dicía Primo Levi; é o prezo por ver a luz. A inocencia, máis que a impotencia, marca o desenlace: a man de Vadío borrando para sempre o medo e escribindo con fume unha palabra máxica sobre o ceo de Polonia.

Unha conmovedora historia de Antón Fortes cunhas intensas imaxes da polaca Joanna Concejo, de gran sensibilidade e fermosura, pese a reflectir a terrible realidade do protagonista. Realidade que resulta aínda máis cruel ao enfrontala de xeito recorrente coas lembranzas da súa vida anterior, de onde foi arrancado, de onde foron arrancados todos.


5º-6º Primaria

9788498710588


Album Ilustrado


Segunda Guerra Mundial


Relaciones familiares--Novelas infantiles
Relacións familiares--Contos
Literatura infantil y juvenil--Congresos y asambleas
Literatura infantil e xuvenil--Congresos e asembleas
Holocausto xudeu--(1939-1945)
Xudeos--Persecucións--20º século
Campos de concentración--Memorias y recuerdos
Campos de concentración--Memorias y recuerdos
Xudeus--Europa oriental
Judíos--Europa oriental
Judios--Holanda
Holocausto judío--(1939-1945)


Nazismo

82-N

Coa tecnoloxía Koha